Thursday, November 03, 2005

Qui perd els origins, perd identitat.

I`m completly in love with Carod Rovira...

Non podia comezar o post de hoxe sen facer referencia a intervencion de onte do representante da ERC no Congreso dos Diputados.
Desafortunadamente non puiden ver o debate por television pero puiden descargar as defensas dos tres ponentes catalàns dende elpais.es.
Polo que vin parece que os grupos catalans estiveron bastante correctos e congreso parecia bastante disposto a dialogar.
En cambio, para non variar, os representantes do PP tiveron saidas de tono e faltaron o respeto en varias ocasions ata o limite de recibir ameaza por parte do Presidente da Càmara con suspender a sesion.
De calquera xeito Carod estivo moi acertado cando iniciou a defensa ca cita de Azorìn: “En España existe un estado y hay varias naciones", e pletòrico cando despediu a Mariano Rajoy en galego: «Siga falando de min porque cada vez que o fai suben os votos».
Estou segura de que Rajoy ardìa por dentro nese momento.

Mentres tanto, o seu companheiro D. Manuel Fraga Iribarne non o estaba a pasar moito mellor mentres pronunciaba unha conferencia sobre a reforma do Estatuto de Autonomia na Universidade de Vigo. Remito a noticia publicada na Voz de Galicia:

"un grupo de entre 10 o 15 jóvenes entraron en la sala del edificio Miralles insultando al líder popular. Asimismo desplegaron una pancarta en el fondo de la sala en la que se leía: «Fraga fascista»".

E dirìalle eu a esa rapazada toda: Moi ben bonitos, xa saimos na prensa e temos foto para ensinarlle a mamà. As mozas estaran orgullosas e berraran piropos o voso paso. De todos xeitos, o que pasa con Fraga, ou pasou, xa esta moi claro, e creo que a estas alturas è un ser totalmente inofensivo.
O ùnico que se consegue con estas acciòns e dar mala prensa os nacionalistas e os da esquerda.
Parece ser que o momento de tensìòn màxima foi cando Fraga fixo un descanso para ir a mexar, e de caminho o cuarto de banho pasou por diante do grupo de xoves radicais rabiosos e sedentos de sangue que o increparon con insultos e malos modos...
Pobrinho Fraga, sempre o mesmo conto... È un incomprendido pola mocidade, porque claro, son outros tempos, non tenhen respeto, non tenhen conciencia historica, son vàndalos que se manifestan nas universidades porque è unha excusas para faltar a clase... Se Francisco levantase a cabeza... E as rapazas, esas son as peores, insultan e berran coma os homes, se non fosen mulleres dàballes unha ostia!...

Moito que ver o tema de hoxe con Cork como podedes ver...

Noticias da Eire:

O festival de jazz foi unha pasada. Habia concertos en todolos pubs. So no concello de Cork hay 850 pubs... Podedes imaxinar o ambiente.
O Sabado fomos a ver un grupo chamado os Glitterbugs, que sairon a escea maquillados coma os Kiss con roupas horteras o estilo napoleonico como os mellores rock stars dos oitenta. Sò levaban 6 meses tocando xuntos e eran boisimos. O solista tinha unha voz incrible. Versionaron cancions dos grupos mais conhecidos do rock dos oitenta, dende os Guns a Europe. Menuda voz...
Como sempre a tipica irlandesa borracha perdida, dando a nota subindose o escenario e tocandolle o cù o solista. O tio pasouno realmente mal porque ela era tres veces mais grande e baixaballe os pantalons, tirabao o chan... en fin, wonderful Ireland! O resto dos Irlandeses viano super normal, nos estabamos ca boca aberta. O final chamaron a seguridade e botarona fora... Mandarei fotos do elemento.
Hoxe fixen un exame de Italiano que me saiu moi ben gracias a axuda de Oriana e Mario, senon estaba perdida. Tamen entreguei un proxecto que tenho que expor o Luns diante da clase... Que diantre!
Hoxe sairei de festa que estou farta de estudiar e escribir todo o dia en Ingles. Suponho que iremos o club de jazz que faràn un jam session coma tòdalas noites.
Deron chuvia chuvia e chuvia para quince dias... Non vin chover tanto na minha vida, e mira que Santiago sube a media.
Morrinha! do San Martinho! Que ganas de comer chourizo e castanhas!
Envexa me dades... Espero que fagades unha boa. Bebede vinho a minha saude! Eu sigo cos 4 litros diarios de auga, os rinhons van mellor por sorte...

Mil bicos para o Hereje, Tania, Javi, mona, Mar e Su. E para Roi, que non me olvido de ti. :P

1 comment:

Anonymous said...

Ola! Perdoa por esta intromision. Son David, estudio na USC filoloxia e este ano estou de Erasmus en Bologna. O caso è que este veràn irei a Irlanda a facer un curso e posiblemente a traballar en agosto, exactamente a Dublin. Estaba buscando algun anuncio de apartamentos ou habitacions en Dublin e atopeime o voso blog. Non entendin moi ben se estades en Dublin. Se fose asì, canto costa mais ou menos unha habitacion ou un apartamento para duas persoas? Se me podes responder agradèzoche, xa sabes que un se desepera con estas cousas... Bicos