Friday, October 28, 2005

Bo Halloween a todos!

Esta cidade esta invadida de vampiros, manìacos do Jazz e rapacinhos petando nas casas para pedir caramelos co mitico "Trik or Treat?".
Para aqueles ignorantes que pensen que Halloween è unha estupida costume americana tenho unha noticia: è unha estupida costume irlandesa exportada os EEUU, e traida de volta doblemente estupidizada. E que, que venhan os nenos cas calabazas a tocar o timbre cada 5 min e a pedir caramelos traeme tola...
Asi que tendes que ver os irlandeses, totalmente orgullosos de ser os creadores dunha celebracion globalmente conhecida, e cheos de ledicia de ter un motivo mais para emborracharse.
E increible o problema que tenhen en Irlanda co alcohol. Eu creo que mais da metade da poblacion è alcoholica. Ves a tanta xente de 50 anos borracha pola rua como os rapaces de 15 anos...
Pero para eso e o pais do whisky e das pintas de cerveza!

Onte inaugurouse o Guniness Jazz Festival of Cork, consagrado como un dos mais importantes de europa. Os mellores trompetistas e saxofonista do mundo estan dando master classes na Aula maxima da universidade e hay un monton de concertos para ver.
Lastima que tenha que entregar un proxecto de Direccion Estratexica e tenha un examen de italiano o Xoves...
O erasmus esta moi ben, non o vamos a negar, hay festa todos os dias se queres, pero tamen hay que curralo bastante porque e evaluacion continua e casi todas as semanas tes algo que entregar. (Mira papa que aplicada estou).

E mentres a cidade enloquece o noso redor e me volve a sair o callo do estudiante, a minha companheira e amiga Oriana dedica o tempo libre as relacions persoais...
E que o amor està no aire!
Esta noite temos unha festa na casa de Tarek. Creo que vai vir moita xente.
Non terei acceso a internet en tres dias pola festa de Halloween asi que expero ter noticias vosas a volta.

Boto moito de menos. Un bico moi grande a todos.

Wednesday, October 26, 2005


Vista dunha das caras do Charles Fort, Kinsale, Sur de Cork.

Javi a minha esquerda e Tarek à dereita.

Charles Fort.

Javi e mais eu facendo o tolo...

Todos na entrada do fuerte.

Mirando a figura dun preso no castelo de Kinsale.

Tres cabezas.

Festa no An Brog, pub en Cork. A que me abraza è Oriana.



Viaxe a Kinsale. As fotos fixeronse esperar pero finalmente aqui tendes as primeiras. Estan sacadas no Charles fort. Fun con outros rapaces espanhois.
Clik na foto para aumentar.

Tuesday, October 25, 2005

Good night ladies and gentlemen!

Despois de varios dias de mexar sen parar e de punzadas varias nos riles provocadas por outro dos meus frecuentes colicos, aqui estou de novo para comunicar que... Ainda non tenho as fotos!
Os inutiles do servicio de ordenadores non saben como configurar a wireless no meu pc porque non ten instalado o XP...
Dixeronme que me chamarian nun par de dias cando atopasen a alguen que soubese facelo. Ben, xa pasaron 5 dias e sigo sen noticias asi que finalmente terei que buscar outro modo de mandar as fotos.
Mandarei un mail para contar como foi o viaxe a Galway.
Bico a todos.

Wednesday, October 19, 2005





Adxunto algunhas fotos do "Charles Fort" situado en Kinsale, na parte mais o sur do condado de Kerry, o que pertence Cork. Visitamolo hai duas semanas pero non tenho fotos minhas...
È un porto de mar moi importante e un dos principais accesos a Irlanda dente o continente.
O Fuerte foi construido no 1800 e utilizado polas tropas de Napoleòn como estratexia militar.
Ala, leccion de historia hoxe!
Intentarei adxuntar as minhas antes de marchar a Galway o venres.
Moitos bikos

Friday, October 14, 2005






Estou probando a ver como se me pon esto porque non estou moi posta nas novas tecnoloxìas.
As ùnicas fotos que podo subir polo momento son estas, baixadas da web, que cutre.
Cando por fin poida rexistrar o portatil xa mando as dos colegas e da casa.
Este è o campus universitario. A primeira e a minha facultade, pero con esta foto non se aprecia o bonito que è o campus.
Xa mandarei as minhas, que agora estou na sociedade de fotografìa! Ele!
Imonos tres dias a Galway o finde que ben. Oriana tamen se inscribiu asi que imolo pasar xenial.
Non me poderei conectar ata o Luns suponho.
Un bico a todos.