Monday, November 07, 2005

Post breve hoxe porque tenho que marchar enseguidinha!

Acabo de sair de unha presentacion que fixemos en clase de direccion estratexica. Saiu bastante ben pero me puxen moi nerviosa. Esto e o que ten o ingles...
Manha entrevista de traballo para currar 3 dias soamente. Pagan 100 eur por dia. Son 8 horas, pero non esta nada mal. En tres dias pago o alquiler do piso para un mes.
A ver se hai sorte.
Moito que estudiar. Cansa moitisimo ter que leer e escribilo todo en ingles, paso o dia tratando de entender o que leo e o que di o profesor.
Estiven bastante acatarrada o fin de semana e ademais non parou de chover un momento. Parece que vamos afogar todos da auga que hai.
Rompeuseme unha pata da cama. Estaba comida polas termitas completamente. Dixome o caseiro que facia 35 anos que a mercara. Trouxeron outra pero non entraba pola porta...
Xuro que pasamos todo o dia movendo as camas. O final Niall, o caseiro, optou por traer unha motoserra e desfacer todo ali para sacalo pola porta comodamente. Menuda canteira...
O final Oriana quedou ca cama grande e metemos a pequena na minha habitacion pero è bastante grande e agora parece moi vacia. Cuestion de acostumarse.
Dixome mama que me ia enviar castanhas! Teremos magosto alternativo en Cork?
Hoxe boto moito de menos. Necesito unhas boas vacacions pero ainda me queda algo mais de un mes para volver.


Foto de Connemara, Galway.
Un bico moi grande para todos. Javi :***

No comments: