Friday, October 28, 2005

Bo Halloween a todos!

Esta cidade esta invadida de vampiros, manìacos do Jazz e rapacinhos petando nas casas para pedir caramelos co mitico "Trik or Treat?".
Para aqueles ignorantes que pensen que Halloween è unha estupida costume americana tenho unha noticia: è unha estupida costume irlandesa exportada os EEUU, e traida de volta doblemente estupidizada. E que, que venhan os nenos cas calabazas a tocar o timbre cada 5 min e a pedir caramelos traeme tola...
Asi que tendes que ver os irlandeses, totalmente orgullosos de ser os creadores dunha celebracion globalmente conhecida, e cheos de ledicia de ter un motivo mais para emborracharse.
E increible o problema que tenhen en Irlanda co alcohol. Eu creo que mais da metade da poblacion è alcoholica. Ves a tanta xente de 50 anos borracha pola rua como os rapaces de 15 anos...
Pero para eso e o pais do whisky e das pintas de cerveza!

Onte inaugurouse o Guniness Jazz Festival of Cork, consagrado como un dos mais importantes de europa. Os mellores trompetistas e saxofonista do mundo estan dando master classes na Aula maxima da universidade e hay un monton de concertos para ver.
Lastima que tenha que entregar un proxecto de Direccion Estratexica e tenha un examen de italiano o Xoves...
O erasmus esta moi ben, non o vamos a negar, hay festa todos os dias se queres, pero tamen hay que curralo bastante porque e evaluacion continua e casi todas as semanas tes algo que entregar. (Mira papa que aplicada estou).

E mentres a cidade enloquece o noso redor e me volve a sair o callo do estudiante, a minha companheira e amiga Oriana dedica o tempo libre as relacions persoais...
E que o amor està no aire!
Esta noite temos unha festa na casa de Tarek. Creo que vai vir moita xente.
Non terei acceso a internet en tres dias pola festa de Halloween asi que expero ter noticias vosas a volta.

Boto moito de menos. Un bico moi grande a todos.

1 comment:

Anonymous said...

QUE CHICA TAN GUAPA QUIEN SERÁ Y POR QUÉ LA QUEREMOS TANTO FIRMADO LOS TELETUBIS