Tuesday, May 13, 2008

13 Maio 1968







Fai hoxe 40 anos que os estudantes das universidades francesas saíros as rúas animados polos sindicatos, na que se convertiu nunha das máis famosas marchas pola liberdade. Uníronse a eles máis tarde, máis de 9 millóns de traballadores en todo o país, provocando o bloqueo absoluto das rúas e a economía do país durante todo o mes de Maio.


O descontento de sindicatos e estudantes á causa do rápido incremento do paro na época e da dificultade de emprego para os traballadores máis novos, así como un poder xa moi debilitado do moi popular no seu tempo, Xeneral Charles de Gaulle foron os impulsores dunha das revoltas populares más importantes da historia contemporánea.


Foi un movemento de protesta que comezou pola reivindicación de máis dereitos laborais como a reducción da xornada de traballo, a concesión da cuarta semana de vacacións pagadas, a inclusión dos sindicatos dentro da empresa e o recoñecemento dos dereitos da muller no mundo laboral.


A estas ideas se uniron posteriormente todas aquelas que fixeron do Maio do 68 un símbolo da liberdade, como a liberación sexual, o feminismo e a crítica da sociedade de consumo.



Cuarenta anos despois, a sociedade francesa se presenta menos activa quizáis, pero non menos crítica contra o goberno e o abuso de poder. Nas mesmas rúas de París e de Lyon se poden encontrar grandes carteis e portadas de revistas co mensaxe:


Sarkozy; Putain, encore 4 ans!


No comments: