Tuesday, March 14, 2006

Son de Gaitas...

Resaca do Celt Fest (Festival das Culturas Celtas) que tivo lugar na universidade de Cork (UCC) ò longo desta semana.
Celt Fest, adicado este ano en particular à cultura Galega, ca representaciòn da Orquestra Folk Son De Seu (Vigo) de 42 membros, que actuaron no Celt Fest por segundo ano consecutivo.
Embriaguez de pintas, panderetas e gaitas...
O festival continuarà este fin de semana nunha vila dos arredores e Cork cun nome gaèlico que non podo recordar agora mesmo, pero que promete festa ata que o corpo aguante.
Mario tocou o bombo e eu a pandeireta. Xa recolectarei fotinhos.

Despois do chute de musica folk que nos metimos esta semana non è de extranhar que comecen a notarse os efectos da morrinha.
En 6 dias de todos xeitos chegaran os reforzos.

Levo tarareandoa todo o dia, tenho que posteala...

A saia da Carolina
ten un lagarto pintado;
cando a Carolina baila
o lagarto dálle ó rabo.

¿Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor.
¿Dime con quen bailaches?
Bailei co meu amor
Bailei co meu amor
Bailei co meu amor
¿Bailaches, Carolina?
Bailei, si señor.
A Carolina é unha tola
que todo fai ó revés;
vístese pola cabeza
e íspese polos pés.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel.
Dime, ¿con quen bailaches?
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
Bailei co coronel.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei no cuartel.
O señor cura nonbaila
porque ten unha coroa.
Baile, señor cura, baile,
que Deus todo llo perdoa.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé.
Dime, ¿con quen bailaches?
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
Bailei co meu Xosé.
¿Bailaches, Carolina?
Bailei, abofé.
No curro da Carolina
non entra carro pechado
namais entra Carolina
co seu cocho polo rabo.
Co teu amor, Carolina,
non volvas a bailar
porque che levanta a saia
e é moi mala de baixar.
Mil bicos.

2 comments:

Anonymous said...

Hola atuneeeera, en la web de chulin hay video de piluki q fue a dormir a casa de miriam y salio con nosotros de noche ya veras tu que bien baila........ y yo sin tomarme la medicacion. Jorge

Anonymous said...

Chegou oxe a tua postal. e moi bonita. Eu incribinme no asceso na Universidade de Vido pra mayores de 25 anos. O día 1 de Abril tenho o primeiro examen. Lengua: frances. Carreirra: Química. O único que lle tenho medo son as minhas faltas de orticultura.
BIIIICCCOOOOSSSS.