Dublin, there we go!
Boas a todos e todas os responsables da destrucciòn de ESPAÑA!
E tamèn boas os poucos patriotas dos bos que aìnda quedan e que non cesan no empeño de movilizarse diariamente pola defensa da bandeira e do arquivo de Salamanca.
Gracias a todos vòs. Se non fose por esta xente, que serìa de nòs?
Quèn sairìa as rùas vestidos cos cores nacionais para berrar contra o Sr. Carod?
Quèn alzarìa a voz contra a perda irremediable dos documentos recolectados durante a Guerra Civil na que tantos dos nosos morreron polo ideal da España, Unha, Grande e Libre?
Quèn impedirìa que eses arquivos caisen en mans de grupos separatistas radicais sedentos de sangue que os destruirìan co fin de ocultar informaciòn confidencial que arruinarìa os plans dos Catalàns de conquistar o mundo e crear unha raza de Españois-escravos que dominar?
Quèn nos satutarìa o correo de .pps chamando à uniòn e o complot contra os productos Catalàns e bombardeo de emails a Generalitat co fin de crear un tipo de recesiòn econòmica virtual na Comunidade de Cataluña e xa de paso disminuir os problemas de inflacciòn e rebaixar os precios dos pisos?
Quèn escoitarìa a Mariano Rajoy cando anuncia un pseudo-apocalipsis no Estado Democràtico de Dereito?
Quèn recollerìa firmas contra a destituciòn do Xeneral Mena por ZP e para pedir a cabeza de Piquè?
E o màis importante, de quèn terìa que rirme eu para publicar un comentario irònico?
Pasando a cousas un pouco màis bonitas...
Hoxe quero postear dùas fotos. A primeira, publicada na Voz de Galicia. Reflexa a imaxe das primeiras elecciòns en unha dècada en Palestina.
A segunda. Sacada do Reportaxe Online deste mes en www.nationalgeographic.com sobre o amor.
Hai algùns vìdeos que non teñen desperdicio ningùn e aìnda que a informacìon està en inglès pòdese facer unha idea xeral do tema sen entendelo moito.
Esta foto retrata o momento no que unha recèn casada, no estado Indio de Rajasthanse, se despide da sùa nai para ir a vivir co seu novo marido. Seguindo a tradiciòn Hindù, esta muller deixa a casa dos seus pais o dìa despois da boda para vivir ca sùa nova familia, a do seu esposo.
Esta parella està namorada, pero è unha das excepciòns os moitos casos de matrimonios arranxados nos que son os pais os que decìden con quen se realizaràn os enlaces cando aìnda son nenos.
O artigo desta revista remata co refràn Hindù de: "Primeiro chega o matrimonio e despois o amor"
Creo que o realmente enternecedor desta instantànea e poder ver a cara da nai reflexada no cristal do coche. È realmente expresiva.
Nada màis por un tempo que co de hoxe xa abonda. Me despido ata a semana que ven porque viaxo ò Norte mañà às terras de Dublìn. Espero sacar moitas fotos para ensinarvos.
Un bico moi grande para os Erasmus Galegos Polacos que estàn a 20 baixo cero e para Mamà.
No comments:
Post a Comment