Qui perd els origins, perd identitat.I`m completly in love with Carod Rovira...
Non podia comezar o post de hoxe sen facer referencia a intervencion de onte do representante da ERC no Congreso dos Diputados.
Desafortunadamente non puiden ver o debate por television pero puiden descargar as defensas dos tres ponentes catalàns dende elpais.es.
Polo que vin parece que os grupos catalans estiveron bastante correctos e congreso parecia bastante disposto a dialogar.
En cambio, para non variar, os representantes do PP tiveron saidas de tono e faltaron o respeto en varias ocasions ata o limite de recibir ameaza por parte do Presidente da Càmara con suspender a sesion.
De calquera xeito Carod estivo moi acertado cando iniciou a defensa ca cita de Azorìn: “En España existe un estado y hay varias naciones", e pletòrico cando despediu a Mariano Rajoy en galego: «Siga falando de min porque cada vez que o fai suben os votos».
Estou segura de que Rajoy ardìa por dentro nese momento.
Mentres tanto, o seu companheiro D. Manuel Fraga Iribarne non o estaba a pasar moito mellor mentres pronunciaba unha conferencia sobre a reforma do Estatuto de Autonomia na Universidade de Vigo. Remito a noticia publicada na Voz de Galicia:
"un grupo de entre 10 o 15 jóvenes entraron en la sala del edificio Miralles insultando al líder popular. Asimismo desplegaron una pancarta en el fondo de la sala en la que se leía: «Fraga fascista»".
E dirìalle eu a esa rapazada toda: Moi ben bonitos, xa saimos na prensa e temos foto para ensinarlle a mamà. As mozas estaran orgullosas e berraran piropos o voso paso. De todos xeitos, o que pasa con Fraga, ou pasou, xa esta moi claro, e creo que a estas alturas è un ser totalmente inofensivo.
O ùnico que se consegue con estas acciòns e dar mala prensa os nacionalistas e os da esquerda.
Parece ser que o momento de tensìòn màxima foi cando Fraga fixo un descanso para ir a mexar, e de caminho o cuarto de banho pasou por diante do grupo de xoves radicais rabiosos e sedentos de sangue que o increparon con insultos e malos modos...
Pobrinho Fraga, sempre o mesmo conto... È un incomprendido pola mocidade, porque claro, son outros tempos, non tenhen respeto, non tenhen conciencia historica, son vàndalos que se manifestan nas universidades porque è unha excusas para faltar a clase... Se Francisco levantase a cabeza... E as rapazas, esas son as peores, insultan e berran coma os homes, se non fosen mulleres dàballes unha ostia!...
Moito que ver o tema de hoxe con Cork como podedes ver...
Noticias da Eire:
O festival de jazz foi unha pasada. Habia concertos en todolos pubs. So no concello de Cork hay 850 pubs... Podedes imaxinar o ambiente.
O Sabado fomos a ver un grupo chamado os Glitterbugs, que sairon a escea maquillados coma os Kiss con roupas horteras o estilo napoleonico como os mellores rock stars dos oitenta. Sò levaban 6 meses tocando xuntos e eran boisimos. O solista tinha unha voz incrible. Versionaron cancions dos grupos mais conhecidos do rock dos oitenta, dende os Guns a Europe. Menuda voz...
Como sempre a tipica irlandesa borracha perdida, dando a nota subindose o escenario e tocandolle o cù o solista. O tio pasouno realmente mal porque ela era tres veces mais grande e baixaballe os pantalons, tirabao o chan... en fin, wonderful Ireland! O resto dos Irlandeses viano super normal, nos estabamos ca boca aberta. O final chamaron a seguridade e botarona fora... Mandarei fotos do elemento.
Hoxe fixen un exame de Italiano que me saiu moi ben gracias a axuda de Oriana e Mario, senon estaba perdida. Tamen entreguei un proxecto que tenho que expor o Luns diante da clase... Que diantre!
Hoxe sairei de festa que estou farta de estudiar e escribir todo o dia en Ingles. Suponho que iremos o club de jazz que faràn un jam session coma tòdalas noites.
Deron chuvia chuvia e chuvia para quince dias... Non vin chover tanto na minha vida, e mira que Santiago sube a media.
Morrinha! do San Martinho! Que ganas de comer chourizo e castanhas!
Envexa me dades... Espero que fagades unha boa. Bebede vinho a minha saude! Eu sigo cos 4 litros diarios de auga, os rinhons van mellor por sorte...
Mil bicos para o Hereje, Tania, Javi, mona, Mar e Su. E para Roi, que non me olvido de ti. :P